Club Náutico O Muiño

Ribadumia (Pontevedra)

Castrelo de Miño acolleu o Campionato Galego de Inverno sobre a distancia dos 5000 metros das categorías Junior, Sub23 e Senior en donde Silvia Gago alzaríase sendo cadete co subcampeonato no C1 junior , Lara Remigio cando comandava a proba tivo un volco e tivose que conformar co 10 posto. Alba Vazquez foi bronce no C1 sub23 e Carlos Picón tamén bronce na mesma categoría en donde serviu para preparar a cita do primeiro fin de semana de Marzo en Sevilla co nacional en xogo.

 

O Campionato Galego de Inverno para embarcacións dobres será a primeira proba da temporada 2024 para as categorías Junior, Senior, sera no embalse de Castrelo de Miño este sábado 20 de Xaneiro,  o club desplazará un total de 8 deportistas con Adrián Sieiro e Manuel Fontan a cabeza, na canoa senior masculina estarán acompañados de Ramón Ferro e Carlos Picón, actuais Campeóns da proba logrado a temporada pasada en Barra de Miño. María Pérez e Carla Sieiro será a representación femenina en Ourense en busca do título autonómico.

O Campionato Galego de embarcacións dobles que se disputou en Castrelo de Miño (Ourense) saldouse coa victoria do  C2 de Adrián e Manuel nunha regata que dominaron de principio a fin. Ramón Ferro e Carlos Picón terminaron nunha meritoria 5ª posición.  O C2 femenino logrou o bronce na categoría absoluta con Carla Sieiro e María Pérez .

Con esta proba dase por iniciada unha temporada co obxetivo de manternos ó mesmo nivel da temporada pasada, un reto que sen dúbida é difícil, este ano sen dúbida a pelexa de poder optar a ter representación novamente nuns Xogos Olímpicos e máis que un obxetivo que esperemos que os nosos deportistas o poidan lograr, Manuel e Adrian comenzaron así con esta victoria con bo sabor para afrontar o seguinte reto para eles que é o selectivo nacional en Abril que os leve a Hungría e poder sellar os seus nomes na embarcación do C2 500 metros.