O ano 1995 quedará marcado na historia desta entidade por ser cando se dou o primeiro paso para formar o que a día de hoxe é un club referencia non só en GALICIA, senon en España e Internacionalmente, logrando grandes resultados os nosos deportistas representando a España. Rafael Louzán foi o primeiro presidente que xunto o actual presidente, José Manuel Vázquez Núñez, que con outros amigos fixeron realidade este pequeno soño, moitos foron os directivos ó longo da historia os cales temos moito que agradecer;
José Antonio Noya, Ernesto Galiñanes, José Mario Domínguez, Santiago Martínez, Gardenia Noya, Susana Fandiño, José Enrique Oubiña, Francisco José García, José Mario Noya, José Manuel Vázquez Navia, Isidoro Noya, Roberto Noya, Mario Noya, Mari Paz Penin, Beatriz Casaldarnos...O día 2 de Maio de 1995 nunha Asamblea daría por comenzado este camiño presidido por Rafael Louzán. Outros foron os presidentes o longo desta historia como Francisco Javier García, José Mario Domínguez Costa e o actual presidente José Manuel Vázquez Núñez encabezaron as directivas.Neste primeiro ano tamén se puxo en marcha novamente a Baixada do Río Umia que é organizado ininterrupidamente desde entonces, sendo no 2003 designada como mellor proba do calendario galego. A primeira medalla desta entidade lograría José Manuel Vázquez Navia no Descenso do Lerez no K1 Cadete (25/7/1996). Manuel Angel Oubiña foi un dos primeiros deportistas en destacar onde logrou numerosos premios e títulos que o levaron a estar cerca de ingresar no CGTD. Máis tarde sería Adrián Pazos Noya quen tomaría o seu testigo logrando proclamarse Campión Galego Infantil e medalla de Bronce coa Seleción Galega en C1 o cal ó tivo nas portas de ingresar no mencionado Centro Galego de Técnificación deportiva de Pontevedra, pero unha decisión errónea dos técnicos cerraronlle as portas desa posibilidade.
No ano 2003 esta entidade empezaba a recoller os seus froitos e concederíanlle o premio que otorga a Federacion Galega as mellores probas organziadas, e no 2006 sería o premio Arousán do Ano ó Deporte. Os deportistas do club xa eran frecuentes nos podios das probas galegas. Lidia Martínez pasaría a historia desta entidade ó lograr a clasificación para disputar a Copa do Mundo de Maratón en K2 Junior en Crestuma, onde logrou o subcampeonato, corría o 24 de Xuño do 2007.
Aquel deportista que no ano anterior entrara no Centro Galego de Tecnificación Deportiva empezaba a lograr grandes resultados nacionáis, David Maquieira lograría nesta temporada o Campeonato de España en C1 Júnior ademáis de numerosos podios que o levaron a integrárse no Equipo Nacional Junior na temporada seguinte.
equipo no 1998 despois de participar no Descenso do Sella
No 2005 David Maquieira converteríase no primeiro deportista do club en ingresar no CGTD despois dunha gran temporada en Infantil C1 zurdo, onde tamén participaría coa Seleccion Galega. Por aquel entonces erán moitos os rapaces que se empezaban a fixar no piragüísmo como un deporte alternativo. Paulino Otero destacaría ese ano no K1 Infantil e no 2006 sería xunto a David o seguinte deportista en ingresar nun Centro de Alto rendemento, Lugo sería o destino. Os posteriores anos serían un auténtico crecemento o que estaba a producirse nesta entidade capitaneada por David e Paulino. As embarcacións do club estaban frecuentemente nos podios autonómicos e nacionais loitando cos mellores. Tamén se formaría neste período un equipo de Kayak Polo que disputaba a 2ª División Galega. Paulino Otero sería o segundo deportista en ingresar nun centro de tecnificación en Lugo sería o seu destino no seu primeiro ano de cadete. O ano 2008, sen dúbida foi o mellor ano da historia do Club Náutico O´Muiño, destacando principalmente os dous deportistas mais relevantes Paulino Otero e David Maquieira que lograrían clasificarse para participar co Equipo Nacional no Campeonato de Europa Junior e sub23 en Zagred (Hungría) e no cal voltaron para Ribadumia con 3 metáis Europeos. Paulino sería Campeón de Europa en K2 500 metros e subcampeón en 1000 metros, mentras David proclamaríase Subcampeón de Europa Junior C2 500 metros.
A incorporación de Carlos Pérez Rial “Perucho” puxo o broche de Ouro a história do deportenacional e internacional coas cores do Nautico O MUIÑO, xa que despois de lograr a clasificación para os Xogos Olimpicos de Pekín no Europeo de Milán co subcampeonato de Europa en K2 500 metros, Pekín sería o escenario dunha medalla de Ouro que se conseguíu con moito esforzo e dedicación. Esta medalla supuxo para un reconocemeneto ó piragüismo no noso país así como na nosa comunidade e sobre todo o Club que levando o nome de Ribadumia por toda España víuse reflexado. O traballo que se desenvolve no club coa canteira e coas categorías superiores fixeron que varios deportistas o longo da historia recalasen doutros clubes neste e axudaran a escribir mais paxinas de ouro na historia. O 2008 foi sen dúbida o mellor ano na historia desta entidade. No 2009 este club converteuse na entidade con máis deportistas nos diferentes equipos nacionais, Paulino Otero, Gabriel Campo, Roberto Abal e Jose Quintillán en Madrid, David Maquieira en Pontevedra e Carlos Perez en Asturias era os internacionáis do club, o mesmo tempo Helena Gregorio seria a 2º deportista do club en ingresar no CGTD despois dunha gran temporada en Infantil A. O Slalom e o Kayak Polo chegaban o club en donde se lograron grandes resultados como o subcampeonato no Slalon de Tomiño, ou o subcampeonato galego de kayak polo sub16, equipo que participou por primeira vez nunha proba de Slalom logrando o subcampeonato en Tomiño
Serían moitas as xeneracións de deportistas que pasaron por esta entidade e son moitas as grazas que debemos de deixar constancia que todos aportaron o seu gran de area en diversas etapas conseguindo algúns deles premios importantes a nivel nacional e autonómico. Debemos mencionar tamén e recordar premios otorgados o club como a Folla de Plata ó deporte na Festa do Albariño de Cambados (2008), ou o premio Arousan do Ano ó deporte otorgado polo Diario de Arousa (2006). No 2009 tamén se organziaría do calendario galego a proba da Copa Galega de Promoción de Slalom nas inmediacións do club celebrandose no 2010.
Por outro lado o 2009 sería un ano especial na historia desta entidade xa que se inaugurarían o 4 de Setembro de 2009 as novas instalacións inaguradas por dous Campeóns Olimpicos como son Carlos Pérez e David Cal e que xunto ó Presidente da Deputación Rafael Louzán e alcaldesa de Ribadumia déron por finalizados máis de sete anos de continua loita encabezada especialmente polo actual presidente o cal xunto a Rafael Louzán foron os que apostaron dende o inicio por lograr finalizar estas novas instalacións que hoxe en día servirán de base para as novas xeracións do Club Náutico O´Muiño.
O traballo coa canteira seguirá traendo grandes deportistas a esta entidade que sobresaian, o relevo está garantizado con Borja Bejo de la Fuente o último deportista destacado que se proclamou Campeón Galego e ingresou no 2011 no CGTD logrando o bronce no Campeonato de España Cadete B.
2014. o club Nautico O MUIÑO consegue novamente facer historia e logra o que nadie logrou, conseguir 6 podios en 6 campeonatos galegos de diferentes modalidades e categorias. Lograse a victoria na Liga Provincial Alevin e Benxamin.
Na temporada 2015 volvese a ter un deportista no equipo nacional, nesta ocasión sería Borja Bejo de La Fuente que participaría no Campeonato de Europa Junior que se disputou en Rumanía, e lograría o 10º posto tanto no k2 200 metros como no k4 1000 metros, ambas distancias Olimpicas. Nas categorías Base lograse por segundo ano o titulo de Campeón da Liga Provincial de Pontevedra de Alevines e Benxamines así como o de Campion Galego das categorías.
Manuel Fontan en Infantil A c1 e María Perez en C1 Cadete B proclamaríanse Campeons de España.
No CGTD, tamén volvemos contar cun deportista de gran traxectoria, Manuel Fontan Señorans que ingresa despois dunha excelente temporada donde logrou vencer en todas as probas da Liga Galega e proclamarse Campeon de España en C1 1000 metros Infantil.
No 2016, o internacional sería Manuel Fontan Señorans que rompería todos pronosticos sendo cadete de 1º ano e clasificaríase para disputar o Mundial Junior en Minsk (Bielorusia) no c4 500 metros junior terminando nun meritorio 8º posto. Nesta temporada volveríase a vencer na 22 Baixada do Río Umia sendo o 3º ano consecutivo que se logra. María Perez Aragunde destaca no seu segundo ano Cadete en Muller c1 e proclamariase novamente Campeona de España c1 500 metros o que a leva a ser chamada polo equipo nacional junior de muller canoa que se concentra en Sevilla. Nesta temporada tamén se logra un feito importante, lograr por 3º ano consecutivo o título de Campeón da Liga Provincial Alevin e Benxamin así como o subcampeonato Galego das mesmas categorías.
2017, mantemos o nivel autonomico e a xunta declaranos como equipo de alto nivel polo que nos sponsoriza Abanca / Deporte Galego / Galicia Saudable, o mesmo tempo que os nosos deportistas seguen mantendose no mais alto dos podios a nivel provincial, (Alba Vázquez en Alevin B) Laura Hermello en Benxamin, Alberto Pérez en Infantil B, Lúa Cubiella en Infantil A o que a leva a ingresar no CGTD para o vindeiro curso. O equipo Infantil Femenino desta esta temporada e despois de loitar polo podio na Liga Galega tivemos que conformarse co 4º posto final.
Manuel Fontan volve a participar na categoría Junior sendo cadete nesta ocasión no Europeo de Servia no C2 1000 e c2 500 metros, este ultimo logrando un excelente 6º posto. Tamen lograría o máis importaante na súa participación nos Xogos Europeos da Xuventude en Hungría a victoria no C1 500 e C1 200 metros un mini Xogos Olimpicos sub16 a nivel europeo.
María Perez tamén escribiria con letras de ouro o seu debut na categoría Junior donde lograría debutar tamén na absoluta logrando a plata na Copa do Mundo de Portugarl no c2 500 metros, así como o título de Campiona de España absoluta en c1 500 metros. No campionato do Mundo Junior en Rumanía lograría o subcampeonato no c2 200 metros. Lúa Cubiella Fernandez ingresa no CGTD de cara o curso 2017/2018.
Ano 2018, a progresión dos deportistas máis destacados do clube non para, e sumaselle ALberto Pérez que logra o bronce no Campionato Galego de 3000 metros Infantil A K1. Victoria un ano máis nivel club da 24 edición da Baixada do Río Umia. Lúa Cubiella consagrase como 3º de España en Cadete B k1 o lograr o bronce no campionato de España que se disputou en Trasona, Asturias. Manuel Fontan logra a medalla de plata no CAMPIONATO DE EUROPA no C1 1000 metros en Italia na súa participación en junior, no mundial finaliza 9º nun mal día. María Perez Aragunde tamen disputaría o Europeo e Mundial Junior logrando ser finalista no C1 500 e C2 500 metros, pero tamén lograría a clasificación para o Mundial Absoluto que se disputou en Portugal donde no C2 200 metros lograría un excelente 7º posto.
A Liga Provincial de Pontevedra volvería a ter a nosa representación no podio final, logrando o bronce final por equipos, ademáis do Bronce no Campionato Galego Alevin e Benxamin que se disputou en Lugo. O equipo Infantil Femenino terminaría a Liga Galega por segundo ano no 4º posto.
O 2019 comenzaría sendo un ano especial xa que se cumpliran 25 temporadas de vida do club, coincidindo coa 25 edición da Baixada do Río Umia - Campionato Galego de Ríos. Unha proba que volvería o inicio das primeiras edicións coa modificación do percorrido e ampliando a embarcacións dobles.
Manuel Fontán e María Pérez novamente protagonistas internacionais do club donde María Pérez participa en Minsk (BLR) nos Xogos Europeos absolutos no C2 500 metros así como no Mundial Sub23 en Pitesti (RUM), Manuel Fontan participaría no Cto do Mundo Junior en Pitesti logrando 6º posto no c1 1000 metros junior e 6º posto no C4 500 metros junior.
O equipo Alevin e Benxamin Bronce no Campionato Galego Xogade disputado en Carballiño. Un novo éxito a estas categorías que se sumaría o bronce no Cto Galego k2 disputado en Lugo e novamente un novo podio na clasificación final da Liga Provincial Alevin e Benxamin de Pontevedra cun 3º posto final así como o 3º posto na Liga Galega das mesmas categorías.
O COVID19 foi o condicionante da temporada 2020, iniciou a temporada con normalidade en Febreiro donde se lograron 4 metais no Galego de Fondo, victorias sub23 de Manuel Fontan e María Pérez, Ramón Ferro en veterano e Lúa Cubiella plata no k1 Junior pero a chegada do Estado de ALarma paralizou a actividade hasta Julio donde en Galicia se retomou con case normalidade quedando suspendida a Nacional.