Sevilla volveu acoller o Campionato de España de Inverno que da comenzo a temporada nacional 2025. Ata o Guadalquivir desplazamos 7 deportistas os cales regresamos co Subcampeonato de Silvia Gago no C1 Junior con Lara Remigio 5º na mesma proba. Tamén na proba reina do C1 absoluto Adrian Sieiro lograría un meritorio bronce con Manuel Fontan no 10 º. No c1 sub23, Carlos Picón logrou un excelente 5º posto final en donde tamen participou Alejandro Peiteado. Por últimos Avril Freire disputaría o k1 sub23 muller entrando nos puntos.
Club Náutico O Muiño
Novas
Vilagarcía será escenario da Copa Galega de Resistencia 3 horas en MTB, o vindeiro 9 de Febreiro en donde debutará oficialmente o club nesta modalidade despois do inicio desta sección o ano pasado e participar na Copa Galega XCO e en varias probas dos máis cativos das MiniBTT.
Por medio convocase os soci@s de número a asamblea xeral ordinaria que se celebrará na instalación do club o vindeiro Xoves 23 de Xaneiro de 2025 as 16:30 horas en 1ª convocatoria e as 17:00 horas en 2ª convocatoria co seguinte orde do día:
1.- Memoria Temporada 2024
2.- Temporada 2025
3.- Cuotas deportistas 2025
4.- Balance económico 2024 e orzamento 2025
5.- Aprobación se procede do Protocolo de Protección dos Nenos, Nenas e Adolescentes fronte á Violencia no Deporte que estipula a Xunta de Galicia de cara ó 2025.
6.- Modificación Xunta Directiva, altas e baixas.
6.- Rogos e preguntas
Atte un saúdo a XUnta directiva.
Oficialmente a temporada 2025 dará comenzo no embalse de Verducido coa celebración do Campionato Galego de Inverno en embarcacións dobles, unha cita que será a antesala do Galego individual en Muiños (Ourense) e o de España en Sevilla.
O Club Náutico O Muiño deixou novamente a súa pegada nos Xogos Olímpicos, desta vez da man de José Manuel, que formou parte do equipo técnico da selección española de piragüismo en París 2024. A súa presenza na cita olímpica é un novo capítulo na historia deste club galego, xa coñecido por ter forxado a campións olímpicos.Recordemos que en Pekín 2008, Carlos Pérez, tamén vinculado a O Muiño, alzouse coa medalla de ouro en K2 500 metros. Agora, é José Manuel quen continúa esta tradición, demostrando que o club segue sendo un sementeiro de talentos e un referente no piragüismo español. Un referente no piragüismo galego José Manuel, ademais de ser un membro destacado do equipo técnico da selección, é unha figura clave en O Muiño.
Desde os seus inicios como deportista, dedicou gran parte da súa vida a este club, desempeñando roles como adestrador e director técnico. O seu compromiso e paixón polo piragüismo foron fundamentais para o crecemento e consolidación do club.A súa participación en París 2024 non só representa un logro persoal, senón tamén un recoñecemento ao traballo incansable de O Muiño e á calidade da súa escola de piragüismo.O futuro de O Muiño. Con a experiencia adquirida en París, José Manuel soña con repetir esta gesta en Los Ángeles 2028, pero desta vez acompañando a un deportista formado nas filas de O Muiño e temos candidatos en Ribadumia. Esta aspiración reflicte o ambicioso proxecto deportivo do club, que busca seguir formando campións e consolidar a súa posición no panorama nacional e internacional.
O Muiño celebra este ano o seu 30 aniversario, unha efeméride que coincide con este novo fito olímpico. Trinta anos de historia nas que o club demostrou ser moito máis que un simple club deportivo, converténdose nun referente na comunidade e nun símbolo do piragüismo galego.Un legado que perduraA participación de José Manuel en París 2024 é un motivo de orgullo para todo o club e para o piragüismo galego. O seu legado, xunto co de Carlos Pérez e outros moitos deportistas formados en O Muiño, asegura que o espírito olímpico siga vivo neste club e que continúe inspirando a futuras xeracións de piragüistas.
En definitiva,
O Muiño volveu a demostrar a súa capacidade de estar nos eventos importantes no deporte e José Manuel, como embaixador do club en Paris.