Club Náutico O Muiño

Ribadumia (Pontevedra)

A nosa canteira brilla máis que nunca!  Alevines, benxamíns e prebenxamíns acaban de facer historia, converténdose nos campións indiscutibles de Galicia e Pontevedra.  Unha temporada para o recordo, marcada polo traballo en equipo e o talento individual. #OrgulloClub #Campeóns”. Esta temporada será moi difícil de igualar, xa que rematou con todas as súas participacións en vitoria por equipos. 

 

Campeóns da Liga Provincial DEPOESCOLAS: despois de impoñerse en Pontesampaio, Verducido, Ribadumia, O Grove e Catoira.

Campións Galegos K1: por segundo ano consecutivo, nesta ocasión en Taboada (Lugo).

Campións Galegos en K2: no Campionato Galego disputado en Arnoia (Ourense).

Campión Provincial por clubes de Pontevedra: confirmando o dominio a nivel provincial.

A clave destes éxitos non reside só no talento individual, senón no gran grupo formado. Ao longo de toda a temporada, mantivéronse unidos como un verdadeiro bloque. Cada membro do equipo sumou para alcanzar estes logros, destacando a súa capacidade para traballar xuntos e superar desafíos colectivos.

A nivel individual, tamén houbo numerosas actuacións destacadas. Diversos podios de deportistas como Carmen Pérez, Julio Ballinas, Roberto Ballinas e Alex Montero ao longo da temporada, amosan o alto nivel competitivo e a dedicación de cada un deles.

Esta temporada foi un testemuño da forza do noso club, tanto a nivel colectivo como individual. Non só logramos vitorias, senón que tamén cimentamos a nosa reputación como a mellor base de formación en Galicia e na provincia de Pontevedra. Estas conquistas son o reflexo do traballo duro, a paixón e a dedicación de todos os implicados.

 

Bulgaria está os pes de Manuel que lograba no Campionato do Mundo Sub23 disputado na cidade de Plovdiv o título de Campeón do Mundo no C2 1000 metros xunto a Pablo Crespo e o subcampeonato nos 500 metros con Martín Jacome, semanas atras lograrían o título continental.

 

Terminados os procesos de formación dos selectivios nacionais para determinar os diferentes deportistas que representarán o equipo nacional nas diferentes probas, estas confirman a participacion de Manuel Fontán, Adrian Sieiro e Lara Remigio nas probas de sprint .

Europeo absoluto #szeged 🇭🇺
C2 200 metros @_manuelfontan_ @adriansieiro
C1 1000 metros @_manuelfontan_
Europeo junior y sub23 #bratislava 🇸🇰
C2 200 m mujer junior @lara.rb_ @candelamayoral_ (@piraguismoaranjuez )
C2 500 m mujer junior @lara.rb_ @candelamayoral_
C2 500 m sub23 @_manuelfontan_ @martinjacc_
Mundial Junior y sub23 #Plovid 🇧🇬
C2 1000 m sub23 @_manuelfontan_ @p.cresspo (@epcp_official )
C2 500 m sub23 @_manuelfontan_ @martinjacc_ (@epcp_official )
C4 500 mujer Junior _ Lara Remigio
C2 mixto 500 Junior _ Lara Remigio
Mundial absoluto #Samarkanda 🇺🇿
C1 500 metros @_manuelfontan_
C2 1000 metros @adriansieiro @noeldominguezm (@cmdcbreogan )

Ouro e bronce para os deportistas do club en Bratislava

O Campionato de Europa Junior e Sub23 que se disputou en Bratislava saldouse co título de CAMPEÓN DE EUROPA no C2 500 metros de Manuel Fontan xunto a Martín Jacome nunha proba dominada de principio a fin. Lara Remigio que debutaba internacionalmente tamen tivo unha actuación destacada xa que despois de quedarse as portas do podio no C2 500 metros donde finalizou no 4º posto xunto a Candela Mayoral, nos 200 metros subiriase o podio logrando o bronce continental na categoría junior.

O selectivo de cara o c2 500 metros para os Xogos Olímpicos non acompañou os nosos deportistas Manuel Fontan e Adrian Sieiro que se viron superados nos últimos centímetros polo C2 de Diego Dominguez e Joan Andoni que serán os que pelexen pola plaza española en Zseged (Hungría) ante a tripulación que gañou a plaza e que neste selectivo ambas c2 deixaron a 4 segundos e no 4º posto do proceso.  

Sen dúbida despois do carreiron e donde nos 250 metros o facer un cambio de ritmo se ivan sos e deixando a os vixentes bronce do Mundo sen reacción solo puideron seguir o cambio Diego e Joan que nun ultimo esforzo puideron superar os nosos que dominaron a proba desde o principio e se quedan as portas. Posiblemente teñan opcións do Campionato de Europa pero todo depende o que suceda en Hungría.

Tamén no selectivo de cara o C2 200 metros non acompañou a sorte e volveuse a quedar segundo por detras de Joan e Diego e abre as portas do Europeo Absoluto nesta proba.

En C1 1000 metros que está a praza ainda sen gañar para España e que se buscara no Preolimpico, a sorte volveu a poñerse encontra e Manuel Fontan terminaba 2º quedandose as portas de loitar por ese soño olimpico, asegurase o Campionato de Europa Sub23 a esperas do que suceda no Preolimpico con Pablo Crespo que sera o que busque esa plaza.