Club Náutico O Muiño

Ribadumia (Pontevedra)

Manuel Fontan, Lúa Cubiella e María Perez serán un ano máis os deportistas referentes da entidade o estar becados para poder compaxinar os adestramentos cos estudios, Manuel e Lúa repetirán en Pontevedra e María en Sevilla.

Ler máis...

A canoista junior María Pérez Aragunde disputará o Campionato do Mundo absoluto que se diputa dende o 23 ó 26 de Agosto en augas de Montemor-o-velho en Portugal, un debut internacional na máxima categoría que fai de premio a unha temporada donde María tamén disputou na súa categoría o Europeo e Mundial junior estando nas finales das modalidades que participou.

En Portugal fara C2 200 metros coa pontevedresa Antía Jacome, ambas no Mundial Junior de Rumanía da temporada pasada proclamaronse Subcampeonas do Mundo, un feito que pode consolidarse a esta parella de cara a vindeira temporada donde ambas serán senior.  a Heat de María e Antia será o Sábado as 15:50 hora portuguesa donde buscarán o pase directo para a final do Domingo. 

Sorte.

Poderase ver o Campionato por Teledeporte. 

 

 

 

 

entrar albergue A SALAZON

O mundial absoluto que se disputou en Portugal na localidade de Montemor O Velho saldouse cun excelente papel da nosa deportista María Pérez que no seu debut na máxima categoría sendo junior logrou un meritorio 7º posto no c2 200 metros.

 

O c2 200 metros de España formado polas pasadas subcampeonas do mundo junior en 2017 María Pérez e Antía Jacome logrou estar a altura que se esperaba e lograron clasificarse para unha complicada final e unha vez dentro pelexar ata os últimos metros donde finalmente tiveron que conformarse co 7º posto o cal estamos moi orgullosos. Noraboa. !!

O vindeiro Domingo 9 de Setembro, organizaremos xunto o concello de Vilanova de Arousa a última proba da Liga Provincial para Alevines e Benxamines na zona do Esteiro .

Esta será a ultima proba do calendario donde esta entidade ten serias opcións de proclamarse subcampeons da Liga Provincial, o mesmo tempo que manternos no podio desta Liga por 5 ano consecutivo...