Club Náutico O Muiño

Ribadumia (Pontevedra)

A última proba de fondo antes de Sevilla, o Campionato Galego de Inverno en embarcacións individuais sobre os 5000 metros saldouse co subcampionato Galego absoluto de María Pérez no C1 e de Carlos Picón bronce no sub23 c1.

Este último é o unico deportista galego que sube o podio nos tres campionatos disputados estas semanas, Subcampion no C4, Campion no C2 e ahora bronce no c1 sub23.

Tamén participaron no C1 sub23 Alberto Pérez, a que ve sendo a primeira proba no C1 , e debutaba tamén nunha proba oficial en C1 Alba Vázquez no Junior.  

A próxima cita para as categorías Junior, Sub23 e Senior será na Illa da Cartuja en Sevilla o Campionato de España de Inverno que se disputará a mediados de Marzo.