O campionato de Europa que se disputou en Auronzo (Italia) tivo como protagonista da expedición española a Manuel Fontán Señorans, o lograr o subcampeonato de Europa no olimpico C1 1000 metros. María Pérez clasificouse directamente para as finais do C1 500 e C2 500 metros.

 Manuel empezaba a súa participación coas heat do c1 1000 metros donde se clasificou directamente co 3º mellor tempo, o igual que no c1 200 metros. Pola súa parte María Perez Aragunde na súa eleminatoria no c1 500 metros vencería con autoridade e tamén se clasificaría directamente o igual que máis tarde no c2 500 metros xunto a María de la Peña do EPCP. na 1º xornada do Europeo todo parecía que o traballo feito iva dar os seus froitos, e así o sabado a maña na Final do C1 1000 metros Manuel nunha excelente regata lograría colgarse a medalla de plata !!!  Pero a xornada do Domingo o forte vento e as condición abversas da pista non favoreceron o ideal trascurso das finais dos nosos deportistas, donde pagaron en exceso esas condicións, María na Final do C1 500 tivose que conformar co 8º posto e no C2 500 cun 9º posto, sen dúbida un gran éxito xa que todos sabemos o custo que ten poder disputar unha final nunha cita internacional. A ultima final para os nosos

sería para o c1 200 de Manuel Fontán que chegaría nun apretado final en 5º posto.

 

Noraboa os dous